Ergues-te nas águas, das de beber
e no tótem hai dous ollos que ven
como cravan a lanza
buques na distáncia fan-che o perfil
fuches serpe que naceu da matriz
cando a loba ouveaba
livre, cargas coas cadeas nas mans
mas coa verdade tan lonxe, de qué vale o que fas?
paspallás, tés o vento a favor
sopla o ar, xela os raios do sol
ah, ah, paspallás
a lua disposta ao seu baño de mel
ti, a criatura mais fiel
vas-te sen dicir nada
insensatos que penetran onde os anxos non van
xuntos na maldita mañá
que ti nin acadas
sempre trá-lo rastro, a mudares de pel
por diante do teu próprio, vello, esquizofrénico ser
(CORO)
estás no levítico, estás no corán
a lei da selva, o lume e o pan
son a tua doutrina
baixo a bruma ao solpor, cabalgando no mar
Michelangelo que coido que está
a pintar a Sixtina
príncipe da lus, mandas na terra dos reis
príncipe na crus, cans que che lamen os pés
(CORO)
o mundo nas sombras, choiva e tronos no edén
outro ser enxendrado en muller
e ataviado con luvas
tebras no universo, tentación no xardin
a silueta que o recolle da Estíxia
e que o pousa na rua
ah paspallás, sabes o que quere de ti?!
ah paspallás, non tés nada que dicir?!
(CORO)