fuxin por pés do Tremo
seguian-me quince cans
corrin-a toda a noite
baixo a brétema até o mar
saín mangado
pero que mais dá!
meu amigo o demo
botará unha man
vexo os beizos da mañá
ai, se poidera ir deitar
topei no mar co demo
deixou-me dous millóns
durmin preto de Queiruga
nunha cova en Fonforrón
(CORO)
xa aló polas Furnas
vin ao demo outra vez
levou-se os dous millóns
e de súpeto esvaeceu
(CORO)
teño dous motivos pra seguires a escapar:
un é Ana Maria
cada dia a quero mais;
o segundo é a cadea, amor
sei que veñen a por min
se me collen nunha destas
pasarei-me a vida ali.
a muller quedou na Cruña
e a moza aló en Tanxil;
a primeira tivo un neno
e non tira en nada a min
(CORO)