Unha noite na eira do trigo
Ó refrexo do branco luar
Unha nena choraba sen trégolas
Os desdés dun ingrato galán.
E a coitada entre queixas dicía
Xa no mundo non teño a ninguén,
Vou morrer e non ven os meus ollos,
Os olliños do meu doce ben.
Os seus ecos de malencolía,
Camiñaban nas alas do vento
I o lamento.... repetía...
Vou morrer e non ven o meu ben.
Lonxe dela de pé sobre a popa
Dunha leve negreiro vapor
Emigraba camiño de américa
Vai o probe e infeliz amador.
E o mirar a xentís anduriñas
Cara a terra que deixa cruzar
Quen pudera dar volta, pensaba
Quen pudera convosco voar.
Mais as aves e o buque fuxían,
Sin ouvir seus amargos lamentos,
Soio os ventos repetía,
Quen pudera convosco voar.
Lairaraira ...
Noites craras de aromas e lúa,
Desde entón que tristeza en tempos hai
Pros que viron chorar unha nena
Pros que viron un barco marchar.
Dun amor celestial verdadeiro,
Quedou solo de bágoas á proba
Unha cova nun outeiro
E un cadavre no fondo do mar...