Maneo e muiñeira de silván Song Lyrics
Maneo e muiñeira de silván by Kadril & Alumea Non quero nada do dado
Que o dado algo require,
Vivirei do emprestado,
Pagarei canto puider,
A lala a laala,
A laa lalalala.
Elalalá a lalala
A lalala lalalala (bis)
Esta noite hei de ir aló
Terás as pernas lavadas,
Ou hei de durmir entre elas,
Ou morrer a puñaladas,
A lala a laala,
A laa lalalala.
Hai ruada no inferno,
Que a fan os condenados,
Que morreu a nai do demo
Cos dentes regañados,
A lala a laala,
A laa lalalala.
MANEO
Non podo cantar que morro,
Non podo avivar a fala,
Que comin a aceituna,
Bebín a auga salada, ai la…
Tira boi, tira vaca, tira galiña,
As mociñas de agora teñen morriña,
Teñen morriña nena, teñen morriña
Tira boi, tira vaca, tira galiña.
As miñas mans son de prata,
Heinas de mandar ourar,
Saben tocar o pandeiro,
Tamén saben traballar, ai la…
Eu aquí non canto máis
Que está o meu amor diante
Que me está facendo señas
Que vou rouca, que non cante, ai la…